Lunar IPS, en galego

Lunar IPS galegoLunar IPS (LIPS) pretende ser unha ferramenta lixeira e fácil de usar, para aplicar parches IPS en plataformas Windows, substituíndo ao antigo programa SNESTool de MS-DOS. Pode tanto aplicar como crear parches IPS (extensión de ficheiro estándar para romhacking).


❓  Descrición: Con este programa podes crear e aplicar parches IPS, onde os ficheiros xerados serán do mesmo peso ou incluso máis pequenos que con SNESTool. Tamén podes crear un ficheiro de rexistro ou asociar a extensión .IPS para poder usar o programa directamente, mais estas dúas opcións fan trocos no rexistro de Windows. A diferenza doutras ferramentas similares, esta admite parches de ata 16 MB.

💡  Tradución: enfeitizador. Como usei o programa Resource Hacker para modificar o ficheiro, en canto abramos o LunarIPS sairá o seguinte aviso de que o ficheiro foi modificado. Indicámoslle Aceptar para poder usalo, é seguro.

:star:  Desenvolvedor: FuSoYa’s Niche | ROMhacking (parches)

➡  Lunar IPS v1.02 (3/06/2010) https://www.box.com/s/hvcdpdnhogtfpw6y3trm

😎  Vía: http://www.romhacking.net/utilities/240/

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.