Gmail, en galego

gmail galego Gmail basease na idea de que o correo electrónico pode ser máis intuitivo, eficiente, útil e incluso divertido. Recibe o teu correo, consulta as túas conversas, responde ás mensaxes sen conectarte ou busca calquera correo co seu buscador integrado.

Actualización (02/10/2014): Gmail v4.9 (1271612) para Android segue sen traer galego.

Cerberus, en galego

cerberus galego Cerberus é un completo programa contra o roubo dos seus dispositivos. Ofrécelle protección para recuperar o dispositivo perdido ou roubado, e identificar o paradoiro ou calquera tentativa de operar con el. Ata 5 dispositivos podes rastrexar cunha única conta.

Co 3º aniversario da aplicación, hoxe 25 de abril, e ata o 26 ás 6 AM, o programa será de balde para todo novo usuario ou que xa anteriormente o empregase. O prezo normal é de 2’99€ para sempre.

Novidades do Telegram

Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.

Google Drive, en galego

google drive galego A nosa nube de Google engade o galego e o éuscaro. Todos os arquivos que subas a Drive, como vídeos, fotos e documentos, gárdanse de forma segura mediante un respaldo para que non os perdas. Podes convidar facilmente a outros usuarios para que vexan, editen ou deixen comentarios.

Actualización 29/10/2014: Drive v2.1.424.13.35 para Android segue sen traer o galego.

Google+, en galego

google+ galego A nova rede social de Google, que vén a substituír ás anteriores tentativas como Google Buzz, Google Wave ou Orkut. Google+ (ou Google Plus) é a rede social do futuro, o lugar perfecto onde compartir contido e contactar con todo tipo de persoas con intereses afíns aos teus.

Actualización 29/10/2014: Google+ v4.7.0.78692696 para Android segue sen traer galego.