A casa da Conexa

fedellar galego Mucha e Nucha tráennos o seu primeiro xogo para móbiles “A casa da Conexa: A invasión de Ardebullo“. O xogo ten a temática do popular “plantas contra zombis” pero ambientado no mundo deste programa da Televisión de Galicia.

Actualización 03/11/2014: Xa está o xogo dispoñible na App Store.

Meniñeiros

meniñeiros galegoMeniñeiros é unha antoloxía sobre os seres fantásticos do imaxinario galego en formato de libro electrónico. Dirixido a un público infantil de entre 6 e 8 anos, o obxectivo é achegar aos nenos e nenas as lendas da nosa tradición oral e favorecer a súa transmisión cultural.

Turismo Ribeira

turismo riveira galegoTurismo Ribeira é unha aplicación móbil para a difusión de contido turístico de Ribeira, ofrecida polo concello de Ribeira, municipio de Galicia situado na costa oeste da provincia da Coruña, na comarca do Barbanza. A súa capital e núcleo urbano máis poboado é Santa Uxía.