Teixogram (Telegram), en galego

teixogram galegoQue dicir do Telegram? Logo de termos a versión web (webogram), dous clientes android (Shurgram e Galegram), e mentres esperamos a que a aplicación orixinal engada máis linguas, chega unha versión en galego para os dispositivos iPhone, iPad e iPod touch, o Teixogram.




(capturas tomadas da páxina oficial, eliminada info. persoal)

Descrición: Telegram é unha aplicación de mensaxería enfocado na velocidade e a seguridade. É áxil, sinxelo, seguro e de balde, sen ter que renunciar ás características máis habituais destes clientes. Podes crear grupos de 100 persoas, compartir vídeos, fotos ou calquera outro tipo de arquivo, e como todas as túas mensaxes permanecen (baixo cifrado) na nube, podes acceder dende calquera dispositivo.

Baseado no código orixinal de Peter Iakoviev (publicado baixo licenza GPL v2). Ao partir da versión 1.1 de Telegram estamos ante unha versión sen soporte oficial, polo que só debería empregala quen dea prioridade a gozar dunha interface en galego.

💡 Tradución: Marcus Fernández (traducido informalmente ao galego).

:star: DesenvolvedorMarcus Fernández. Categoría: Redes sociais.
➡ 10/03/2014 (v1.0): App Store

😎 Vía: http://codigocero.com/O-iPhone-recibe-un-cliente-de

Leave Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.