SSF é un emulador da Sega Saturn, preciso e altamente compatíbel para Windows, que conta con versión Android. De código cerrrado.
❓ Descrición: SSF é un emulador para a Sega Saturn e a Sega Titan Video (ST-V, un arcade similar en arquitectura á Saturn). Coñecida a dificultade histórica de emular o sistema, e sendo que detrás de SSF só hai un programador, este superou a outros emuladores ata o punto de poder emular a maioría dos xogos sen apenas defectos. Está deseñado para executar os xogos directamente do CD, polo que necesitas montar as túas copias de seguranza nunha unidade virtual (p.ex. WinCDEmu).
ℹ️ Requisitos: Non require de ficheiro BIOS (aínda que usalo mellora a compatibilidade).
Procesador: Intel Core i3, i5, i7, AMD Ryzen
Memoria: 1GB
💡 Tradución: enfeitizador | SSF_galego.exe | Modificación do ficheiro executábel, colocar no mesmo lugar que o orixinal. Pode dar aviso de “virus” por ser modificación externa e non compilación.
⭐ Desenvolvedor: Shima | Categoría: emulador.
⏬ SSF Preview R29 (06/01/2024): Windows | SSF v1.0-1 (07/08/2022) Android 6+
❗ Revisión: Preview R9 (2019). Primeira tradución.