O Skype é un pequeno programa que che deixa facer chamadas e vídeo chamadas a través da Internet (VoIP) a calquera outro que teña Skype. É gratis e fácil de descargar e usar, e traballa coa maioría de computadoras. Saúda a amigos e familiares cunha mensaxe instantánea ou cunha chamada.
Versión anterior: Skype 5, en galego.
❓ Descrición: Con Skype podes compartir unha historia, celebrar un aniversario, aprender un idioma, manter unha reunión, traballar cos colegas… moitas das cousas que fas no día a día, dende a túa computadora. Skype é gratis para falar, ver e enviar mensaxes a outras persoas con Skype.
💡 Tradución: Jacobo Torrado Gallego (jtorradogal) e Roi González Villa. Arquivo de lingua aparte, é necesario cargalo co programa. Abrimos Skype, imos a “Tools/Herramientas“, “Change language/Cambiar idioma” e procurar o arquivo “galego.lang” descargado. Poden aparecer liñas en inglés, que non estaban dispoñibles para a súa tradución.
:star: Desenvolvedor: Skype Technologies | Categoría: Comunicación
➡ Skype v6.1.0.129 (compatible coa tradución) | galego.lang | Respaldo
😎 Vía: https://sites.google.com/site/torragaltradu/home/skype-en-galego
https://www.facebook.com/skypegal
02/09/2013, nova páxina: http://jtorradogal.wix.com/skype-en-galego