O protocolo DNS é unha parte importante da forma de entender a rede, é como a nosa axenda de teléfonos, cada vez que visitamos unha ligazón, o router fai unha busca a través do servidor DNS e amósanos a páxina. Pero cando notemos lentitude ou comecen a fallar páxinas, algo non vai ben.
DNS son as siglas de Domain Name System (Sistema de Nomes de Dominios). En xeral, a maioría da xente emprega o DNS predefinido do aparello de conexión que entrega o operador, o cal configuran con servidores propios da compañía, na teoría máis rápidos de resolver os enderezos. Se escribimos calquera enderezo e non observamos lentitude nin falla de carga dos elementos da páxina, entón podemos deixar a configuración tal e como está.
Que pasa se temos unha mala configuración? Comezaremos a observar que se demora a carga de páxinas, que se repiten erros de que a páxina non está dispoñible (si estando activa), ou incluso o problema se pode estender ao resto de páxinas subministradas por un servidor en concreto. Isto é causa de que a configuración do DNS automático non se axuste ben, que o servidor asignado non funciona (ou está caído), ou que nin sequera estea configurado o do noso propio provedor (algúns adware poden tocar estes axustes).
Incluso sen ter os problemas antes mencionados, quizais nos interese empregar servidores DNS públicos para evitar o bloqueo por parte do provedor (que se vai amparar en sentenzas xudiciais para estes bloqueos) de determinadas páxinas, polo contido que estas ofrecen. Usar DNS ten a vantaxe de, cantos máis usuarios os empreguen, mellores respostas recibiremos, por iso adoitan ser máis rápidos, teñen capacidade de corrixir un enderezo se o poñemos mal, axúdannos a previr o roubo de identidade e bloquean os sitios de phishing (suplantación dunha páxina empresarial, banco ou marca orixinal por unha con outros fins, normalmente captación ilícita de datos persoais).
Para configurar o DNS, temos dúas opcións, facelo na computadora, que nos permite empregalo con calquera navegador que empreguemos nese computador, ou facelo no router, que axuda a que calquera dispositivo que se conecte a el estará empregando eses DNS directamente (teléfonos, consolas,…).
- Configurando DNS, táboa de DNS públicos:
Servidor | DNS primario | DNS secundario |
---|---|---|
OpenDNS (*) | 208.67.222.222 | 208.67.220.220 |
FamilyShield (**) | 208.67.222.123 | 208.67.220.123 |
IPv4 – 8.8.8.8 IPv6 – 2001:4860:4860::8888 |
IPv4 – 8.8.4.4 IPv6 – 2001:4860:4860::8844 |
|
Comodo Secure | 8.26.56.26 | 8.26.56.26 |
Norton ConnectSafe (***) | 1 normal 199.85.126.10 2 infantil 199.85.126.20 3 extremo 199.85.126.30 |
1 normal 199.85.127.10 2 infantil 199.85.127.20 3 extremo 199.85.127.30 |
PuntCAT | IPv4 – 109.69.8.51 IPv6 – 2a00:1508:0:4::9 |
calquera secundario |
* OpenDNS cando poñemos un enderezo mal ou é incorrecto, amósanos unha páxina similar á busca de Google, pero que verdadeiramente é o buscador de Yahoo. Pode causar confusión.
** FamilyShield é o mesmo que OpenDNS, pero engade o bloqueo a páxinas de contido adulto (ideal para protexer aos menores). Se escolles este, verifica na páxina http://www.internetbadguys.com o seu correcto funcionamento: se nesa páxina sae unha mensaxe “a páxina bloqueouse por OpenDNS”, funciona; se sae unha mensaxe “estás nunha páxina de mostra”, non está configurado. Revísao.
*** Norton permite configurar tres tipos de DNS segundo o nivel de protección desexado. O Nivel 1 é o básico, semellante ao resto de DNS públicos. O nivel 2 está ao nivel do FamilyShield, con bloqueo de contido adulto. O nivel 3 é a suma dos dous anteriores e un filtro máis estrito para páxinas de contido dubidoso.
Se prefires empregar os DNS do teu operador, nesta páxina levan unha revisión dos servidores de cada compañía e a situación actual (mirar que estean activos os que temos): http://bandaancha.eu/analizador-dns. Os que figuran para a operadora galega R están errados. Estes son os recomendados no Manual de R:
Servidor | DNS primario | DNS secundario |
---|---|---|
R | 213.60.205.175 | 213.60.205.173 (Coruña e Lugo). 213.60.205.174 (Pontevedra e Ourense). |
- Logo do troco, toca limpar a caché DNS da computadora (visto en OpenDNS support):
Windows | Liña de comandos | ipconfig /flushdns |
---|---|---|
OSX | Abrir a terminal | (v10.x/5) lookupd -flushcache (v10.5/6) dscacheutil /flushcache (v10.7/8) sudo killall -HUP mDNSResponder |
Linux | Abrir a terminal | sudo /etc/init.d/nscd restart sudo etc/init.d/networking restart |
- Tamén recomendable limpar a caché DNS do navegador (visto en OpenDNS support):
Internet Explorer | Ir ao menú do historial, seleccionar "Eliminar historial de navegación", marcar todas as caixas (agás contrasinal, se queremos mantelos) e premer Eliminar. |
---|---|
Mozilla Firefox | Ir a Ferramentas, Opcións, Privacidade, selecciona "borrar o seu historial recente" e marca todas as caixas. Baixo "Período para borrar" podemos elexir o rango a borrar e en "Detalles" os elementos. Os contrasinais agora van na parte de Seguranza, Identificacións, non se borran dende o historial. | Apple Safari | Abre o menú Safari (o engranaxe arriba á dereita en Windows) e selecciona "Restablecer Safari". Marca todas as caixas e preme "Restablecer". | Google Chrome | Abre o menú Chrome, Configuración, selecciona Historial e marca todas as caixas (agás contrasinais, se queremos mantelos). Debaixo de "datos almacenados dende" podemos seleccionar todo e prememos Borrar datos de navegación. |