Tes unha Nintendo DS… a túa flashcart só da problemas, non van os xogos ou non consegues que arrinque o menú? Todo isto e algo máis que se me esqueza, son trabas para os menos iniciados. Ques poñer a punto o teu sistema de entretemento? Comezamos!
Antes de nada, aclarar que hai unha cantidade enorme de tarxetas máxicas, que non deixan de ser copias de menor calidade das “oficiais”, e que teñen un ciclo de vida moi limitado, dado que os que poñen á venda estas copias non poden ofrecer soporte ás mesmas dependendo sempre doutros desenvolvedores. Atenderei a citar as máis comúns, que non che estrañe que non pareza a túa.
❓ Identificando a flashcart. As flashcarts para DS pasaron por 3 xeracións:
1ª xeración: SLOT-2 (cartucho GBA)
SuperCard, SuperCard Rumble, M3 Perfect, M3 Pro: Primeiras con habilidade para interpretar respaldos da DS, precisan de determinados remendos (DLDI) para xogos e outros bloquéanse (sobre todo coa Descarga DS). O sistema de almacenaxe podía ser CompactFlash, SD ou miniSD.
2ª xeración: SLOT-1 (cartucho DS)
Acekard, CycloDS, DSTT, G6DS, M3 Real, R4DS, M3 DS Simply, SuperCard DSONE, EZ-Flash: Case todas con almacenaxe en microSD. As primeiras en ser copiadas hasta o indicible foron as R4DS e M3 DS Simply (moi similar á R4), requirían de remendos (DLDI) e deixaron de ter soporte do R4 Team en abril do 2008. A partir desa data, e todas cantas R4 soportaban SDHC son clons. Máis tarde foi o equipo de TopToy DS (DSTT) o que se veu superado polos clons, e como as novas copias de R4 empregaban o seu kernel, abandonaron en decembro do 2010.
A partires destes abandonos, a facilidade de actualización das librerías do TTMenu, fixo posible á scene continuar a mellorar as tarxetas baseadas nese kernel. Con isto, moitas das novas tarxetas que van aparecendo, para saltarse as actualizacións oficiais de Nintendo, aprópianse destas modificacións (aquí entran DSTT Advance, DSTTi Gold, R4 Upgrade /King /III /Gold /New… R4i /Neo /Pro /Ultra… R4i NDSiXL 3D e cantas máis pode haber). O principal problema que causan estes clons é o deterioro interno dos compoñentes internos da faixa da consola (os problemas van dende que non recoñeza a flashcart á primeira ou mesmo inutilizar a lectura dos xogos orixinais).
Do resto de equipos, Acecard (bastante potente no seu momento), SuperCard (foise adaptando con demasiados modelos e caros), CycloDS (comunidade bastante deixada ata que a tarxeta non deu a máis), EZ-Flash (desenvolvedores moi activos e adicados), todos e cada un deles crearon un modelo distinto, afastándose da típica copia ou aproveitamento da scene, á que nalgún momento axudaron con outras tarxetas da competencia.
3ª xeración: SLOT-1 con chip que aumenta as funcións da tarxeta.
SuperCard DSTWO, EX4i, iSmart Premium: Só destacable a DSTWO (as outras foron bloqueadas polas actualizacións de Nintendo). Eficientes actualizacións e innumerables posibilidades e aplicacións tiran proveito do chip interno (emulación GBA, SNES, lector de libros, reprodutor de vídeos, etc).
❓ Formatando a µSD.
Primeiramente hai que consultar o soporte de capacidade máxima da nosa flashcart, para evitar sorpresas. Tamén, escapar das marcas baratas de dubidosa procedencia, que poden traer máis problemas que nada.
Empregaremos o SD Formatter coas seguintes opcións:
FORMAT TYPE: FULL (OverWrite)
FORMAT SIZE ADJUSTMENT: ON
❓ Instalando o kernel (núcleo).
Diríxete á páxina da tarxeta e descarga a última versión do kernel da mesma. O contido do arquivo comprimido descargado porase na raíz da µSD. Pode darse o caso de que a tarxeta dispoña de actualizacións do firmware (xestión interna), isto significa actualizar a tarxeta a nivel interno, polo cal deberás empregala con precaución e sempre coa consola cargada ao máximo.
Se a páxina da tarxeta non existe, proba a buscala en linFox Domain, onde levan un reconto de varios modelos de flashcarts, tanto activas coma, por desgraza para o usuario, defuntas.
Se a páxina leva tempo sen actualizar, hai outras solucións. A scene da Nintendo DS fai correccións puntuais das librerías para case todas as tarxetas. Seguirei as actualizacións de RetroGameFan (R4, DSTT, M3) e Yellow Wood Goblin (Acekard, R4DS), os cales conforman as chamadas “Multi Cart Updates”, recompilando melloras para diversas tarxetas idénticas. Só deberemos determinar cales son os arquivos dos que depende a nosa flashcart.
❓ Principais códigos de erro ao cargar xogos.
errcode= -4: Faltan os datos de carga específicos dese xogo DS no infolib.
errcode= -5: Faltan os datos de carga específicos dese xogo DSi-Enhanced no infolib. Pode ser tamén que non teñas os últimos arquivos ttpatch.dat /r4patch.dat /m3patch.dat (dependen da tarxeta empregada) no cartafol TTMenu.
errcode= 81: Fragmentación da tarxeta µSD. Faille un respaldo, e a formatar a µSD.
errcode= 83: Outro tipo de fragmentación na µSD. O mesmo que o anterior.
Outros tipos de erro durante a carga, revisa na páxina correspondente á tarxeta.
❓ Porque non teño os xogos en orde?
Calquera R4, M3 Simply, DSTT ou clon con TTMenu, non ordena alfabeticamente os xogos. Amañaremos este enredo co programa FATSort. Eliximos unidade, poñemos tanto arquivos coma cartafois en alfabético e adiante. Cada vez que engadas xogos ou aplicacións, deberás repetir estes pasos.
Volver ao índice de flashcarts en galego.