Kronos, en galego
Kronos é un emulador da Sega Saturn. Baséase no Yabause e uoYabause, proxectos aos que quixo achegar as súas modificacións pero que non aceptaron, polo que creou a súa propia bifurcación.
Kronos é un emulador da Sega Saturn. Baséase no Yabause e uoYabause, proxectos aos que quixo achegar as súas modificacións pero que non aceptaron, polo que creou a súa propia bifurcación.
Nova é un emulador da Sega Saturn. Un funcionamento básico e máis dun 50% de compatibilidade do catálogo. Proxecto de código cerrado, quizais nun futuro se faga de código aberto.
Telegram da un paso adiante na localización, movendo as traducións de Android (oficial e S-edition), iPhone e a versión Web, á plataforma Transifex. Seguen implicados donatorouco e ashtophet, e súmase susobaco. Con esta, espérase unha pronta inclusión do galego, oficialmente.
Ferramenta que se converteu na miña mellor arma co paso do tempo, un caderno de notas que le e garda calquera tipo de linguaxe de computadora, e que emprego para a meirande parte das traducións. Dispón de tradución pero moi abandonada, así que vou aproveitar para actualizar o galego do Notepad++.
De cando en pouco boto man desta ferramenta para a tradución de subtítulos, colaborando co fansub en galego MeigaSubs, así que, como non vexo ou atopo (Google?) que alguén estea traballando nela, comezarei a tradución do programa Aegisub en galego.
Lunar IPS (LIPS) pretende ser unha ferramenta lixeira e fácil de usar, para aplicar parches IPS en plataformas Windows, substituíndo ao antigo programa SNESTool de MS-DOS. Pode tanto aplicar como crear parches IPS (extensión de ficheiro estándar para romhacking).
Emulador da SEGA MegaDrive / Genesis para sistemas Android. Eficiente ao reproducir calquera xogo, con pequenas eivas no son e na música, segundo o xogo, con posibilidade de desactivalos para mellorar a velocidade de cadro (fps).
O equipo de Pinterest abre a porta á tradución da plataforma. Mediante unha folla de inscrición, poderemos solicitar a disposición do galego como lingua a traducir (engadir Other: Galician nesa folla). Logo toca agardar pola resposta, cando estean preparados. Así que, solicitando galego 😉
CDisplay Ex é un dos lectores de cómics dixitais máis usado. Pode ler todos os tipos de arquivos (cbr, cbz, pdf…), e está deseñado para darlle a mellor experiencia de lectura: carga rápida de arquivos, lectura fluída e cómoda, incluso en computadoras vellas.
Hoxe por fin me chega o convite a Diaspora* (non era sen tempo, vaia). Xa foi aló por finais do ano pasado cando puxen as mans nesta tradución. E agora que xa podería revisar e continuar a miña tradución onde quedara… sorpresa!!